O BNG consigue que a Comisaria de Transporte Europeo reciba ás Vítimas do Alvia

Foto Vítimas Alvia
Foto Vítimas Alvia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, e unha delegación da Asociación de Vítimas do Alvia 04155, manterán unha reunión coa Comisaria europea de Mobilidade e Transporte, Victoria Bulc, o vindeiro martes, 26 de xuño, sobre o accidente acontecido o 24 de xullo de 2013 na curva de Angrois, en Santiago de Compostela.

Esta xuntanza da continuidade á denuncia presentada polo BNG contra o Estado español no mes de xullo de 2017 por infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á avaliación do control de riscos da liña 082 do tren Alvia. A denuncia atinxe ao Goberno, ao Ministerio de Fomento, á Dirección Xeral de Ferrocarriles, a ADIF e a Renfe Operadora.

Precisamente nesta data de xullo de 2017 a Axencia Ferroviaria Europea (ERA) entregara á Asociación de Víctimas do Alvia 04155 e ao BNG o informe que cuestiona a independencia da investigación realizada pola CIAF. Ademais, o pasado 1 de marzo Ana Miranda mantivo un encontro coa directora xeral de Mobilidade e Transporte, Elisabeth Werner, no que lle trasladou nova documentación que proba que ADIF non realizou a análise e avaliación de riscos (informe ISA) no quilómetro 84.400 da liña, tal e como esixe a normativa 352 da Comisión Europea.

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG