BNG considera insuficiente a proposta inicial para a declaración BIC da Rapa das Bestas
A deputada Ariadna Fernández que se concrete de xeito explícito a delimitación espacial que entraría dentro da protección do Ben de Interese Cultural protección fronte as agresións que se levarán a cabo
Unha delegación do BNG participará este sábado na Rapa das Bestas de Sabucedo
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego, encabezada pola portavoz nacional, Ana Pontón, deputados do grupo parlamentar, Ariadna Fernández e Luís Bará; a senadora nacionalista, Carme da Silva; e concelleiros da Estrada, achegaranse o sábado á celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.
O pasado mes de xuño o BNG logra o compromiso para declarar a Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural. A deputada Ariadna Fernández anunciou que o BNG presentará alegacións á incoación do expediente do BIC e volverá a presentar iniciativas no Parlamento “solicitando unha protección efectiva dos montes”.
A deputada nacionalista sinalou que a proposta inicial da Consellería é de pouca contundencia e amosa un interese lixeiro por conservar e protexer os lugares onde teñen o seu hábitat os cabalos de monte. “Precisamos que se concrete de xeito explícito a delimitación espacial que entraría dentro da protección do Ben de Interese Cultural e as medidas concretas de protección fronte as agresións que se levarán a cabo”.
“Evidentemente hai outro tipo de intereses” subliñou Ariadna Fernández, que fai fincapé na intención do Partido Popular por tramitar parques eólicos nesta zona. “Está claro que a conservación dos cabalos e do monte para o PP é algo secundario, mais dende o BNG seguiremos loitando para que se defina de xeito claro a protección deste espazo, das bestas e por suposto da Rapa das Bestas”.