O BNG chama a participar nas mobilizacións feministas do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora

Manifestación feminista

O pasado 8 de marzo, as mulleres xa fixemos público o noso malestar coas desigualdades e constatamos, que estamos igual. O goberno de Núñez Feixóo pasou olimpicamente das nosas reclamacións e lonxe de promover políticas para avanzar na igualdade, aliouse coa extrema dereita que busca o retroceso. Por iso, é necesario, que as mulleres galegas saiamos a rúa a reclamar alto e claro que imos a defender o noso dereito a ser libres, que queremos cobrar o mesmo polo mesmo traballo, acabar coas discriminacións, e máis recursos para acabar con esas violencias que nos machacan, nos matan e seguen moi presentes na sociedade.

Neste sentido o BNG chama a participar en todas as mobilizacións previstas pola CIG e o movemento feminista. Estas son as que hai convocadas até o momento.

MOBILIZACIÓNS DA CIG

  • A Coruña, 12.00h., Praza de Vigo
  • Betanzos, 12.00h., Praza da Constitución
  • Ferrol, 11.30h., Edif. Da Xunta (praza de Amada García)
  • As Pontes, 12.00h., Praza do Concello
  • Carballo, 12.00h., Praza do Concello
  • Cee, 12.00h, Praza 8 de marzo
  • Rianxo, 12.00h, Praza do Concello
  • Compostela, 11.00h, Xunta de Galiza (San Caetano)
  • Compostela, 11.30h CHUS (Hospital Clínico)
  • Compostela, 12.00h, Praza da Galiza
  • Pontevedra, 12.00h, Praza da Peregrina
  • Vilagarcía de Arousa, 12.00h, Praza Ravella
  • Bueu, 12.00h, R/ Eduardo Vicenti (diante do concello)
  • Cangas, 12.00h, Avda. Castelao (diante do concello)
  • Moaña, 12.00h, R/ As Barxas (diante do concello)
  • A Estrada, 12.00h, Praza do Mercado
  • Vigo, 12.00h, Farola de Urzaiz
  • Tomiño, 12.00h, Praza do Seixo (diante do concello)
  • Burela, 12.00h, Diante do concello
  • Ribadeo, 12.00h, Diante do concello
  • Viveiro, 12.00h, Diante do concello
  • Lugo, 12.30h, Diante do edificio sindical
  • Monforte de Lemos, 12.00h, Praza de España
  • Ourense, 11.30h, Diante da Mutua Universal
  • Verín, 12.00h, Praza do Concello
  • O Barco de Valdeorras, 20.00h, Praza do Concello

 

MOVEMENTO FEMINISTA

  • A Coruña, 19.30h, Manifestación. Saída do Obelisco
  • Miño, 12.30h, Manifestación. Saída da rotonda da rúa Raxel
  • Ferrol, 19.00h, Manifestación. Saída da praza Amada García
  • Ortigueira, 12.00h, Concentración. Diante do concello.
  • Carballo, 20.00h, Manifestación. Saída dende os xulgados
  • Noia, 20.00h, Praza do concello
  • Compostela, 20.00h, Manifestación. Saída da praza 8 de marzo
  • Padrón, 20.00h, Concentración. Diante da estatua a Rosalía.
  • Melide, 20.00h, Praza do Convento
  • Pontevedra, 20.00h, Manifestación. Saída da praza do hospital
  • Cuntis, 19.30h, Manifestación. Saída do centro de saúde
  • Vilagarcía de Arousa, 20.30h, Concentración. Praza da Galiza
  • Marín, 20.30h, Manifestación. Saída dende o concello
  • Vigo, 20.00h, Manifestación.. Saída dende a praza dos cabalos
  • Burela, 20.00h, Manifestación. Saída dende a estación do tren. Carácter comarcal.
  • Vilalba, 20.30h, Manifestación. Saída dende a praza da Constitución.
  • Chantada, 12.00h, Concentración. Praza da Galiza
  • Ourense, 20.00h, Manifestación. Saída dende a Subdelegación do goberno español
  • Lugo, 20.00h, manifestación, saída desde a esplanada da Xunta

As mobilizacións anteriores están confirmadas co movemento feminista, mais pode haber outras que non figuren nesta listaxe. Prégase consultar a web galegas8m.gal.