O BNG chama a mercar un libro en galego no comercio local no “Día das Librarías”
A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas fai un chamamento a apoiar á celebración do “Día das librarías” mercando un libro en galego no comercio local.
A parlamentaria lembra que no actual contexto de pandemia “é máis necesario que nunca apoiar ao sector libreiro”. Neste sentido, o BNG iniciou unha campaña para visibilizar a aposta polo produto galego, o comercio de proximidade e a actividade que dinamiza e crea emprego nas vilas e cidades galegas.
O BNG chama a participar na campaña nas redes sociais, #DíadasLibrarías #EuMercoLocal subindo unha foto nunha libraría e cun libro na man como ao longo do día xa fixeron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, os deputados e deputadas do grupo parlamentario nacionalista e destacados cargos políticos nas diferente administracións galegas.