BNG celebra que o MITMA comece a cumprir os compromisos de mellora da seguranza viaria nas estradas do Estado
06 de xuño de 2024 (12:18 h.)
As actuacións urxentes na rede viaria galega era un dos puntos recollidos no Acordo de Investidura conseguido polo BNG
Entre as infraestruturas en que se acometerán obras atópanse a N-550, a N-640 e a N-120
Froito do traballo incansábel do BNG nas Cortes reclamando ao Goberno do Estado maior implicación, tamén se realizará actuacións na N-540, a N-547, a N-634 e o impulso na construción da A-54
O BNG vén de coñecer as novas actuacións que o Ministerio de Transportes realizará en infraestruturas da rede viaria galega co obxectivo de mellorar a seguranza viaria. Actuacións recollidas, lembra a frente nacionalista, no Acordo de Investidura, como na N-550, N-640 e N-120 e outras, a través do traballo do BNG durante estas dúas lexislaturas con iniciativas para reclamar o compromiso do Goberno como na N-547, N-634, N-525, N-540 e o impulso para a construción da A-54 que conecta Lugo coa capital galega. Alén do máis, a organización nacionalista avanza que estará vixiante para o cumprimento íntegro do plan plurianual 2024-2028 de actuacións urxentes e lembra que quedan estradas pendentes de realizar melloras.