O BNG amosa a súa indignación ante “vergoñenta” sentenza da "Manada"
O BNG fai un chamamento á participaren nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas en repulsa á sentenza
A deputada e Coordinadora de Acción Feminista do BNG, Noa Presas lamenta e mostra a súa repulsa á sentencia “vergoñenta” contra a Manada.
Para a nacionalista, as conclusións da sentencia envían ás mulleres unha mensaxe clara: “si eres violada e non te resistes para non poñer en risco a túa vida, non te van a crer”. Unha mensaxe, afirma a nacionalista que confirma que a única proba valida contra a violencia machista é “ser asasinada”.
Ante esta situación provocada pola sentencia contra a “Manada”, o BNG apoia as diferentes mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas e fai un chamamento a participación de maneira masiva contra unha sentencia que só produce “desolación e vergoña”.
No día de hoxe, manifesta Noa Presas, o BNG quere enviar unha mensaxe a todas as mulleres e de maneira especial, a todas aquelas que nalgún momento da súa vida foron vítimas de violencia machista. O BNG quere dicirlles que “non están soas” e que dende o feminismo e as organizacións políticas “estamos comprometidas para transformar a sociedade até que sexamos todas libres e respectadas en todos os planos da nosa vida”.
MOBILIZACIÓNS PREVISTAS PARA HOXE XOVES 26 DE ABRIL:
- Vigo, 20.30h no Marco
- Bertamiráns, 19.30h Praza da Mahía
- Compostela, 20h Praza 8 de marzo
- Lugo, 20.30h ás portas do Concello
- A Coruña, 20h no Obelisco
- Pontevedra, 20h na Audiencia Provincial
- As Pontes, 20.30h ás portas do Concello
- Ourense, 20h na Castañeira
- Noia, 20h ás portas do Concello
- Ferrol, 19.30h nos xulgados
- Vilagarcía, 20h ás portas do Concello.
- Cangas, 20h ás portas do Concello.
- Vilalba, 20.30h na Praza do Concello
- Cee, 20h na Praza 8 de Marzo
- Teo: 19.30h. Concello
- Viveiro: 20h. Praza Maior
- Burela: 20.30h. Praza do Concello
- A Estrada: 20.30 h. diante do Concello
- Monforte: 20h. Praza de España
- Sarria: 20h. Concello
- O Barco: 20.15 h. Concello
- Redondela: 20.30h. diante do xulgado
- Ribadeo: 21h Praza 8 de Marzo
- Ponteareas: 20h. diante dos xulgados