Ou outro banco central ou soberanía monetaria
Ou se revisa en profundidade o papel do Banco Central Europeu ou haberá que estudar a serio a recuperación da soberanía monetaria dos Estados. Esas son as dúas opcións que hoxe puxo Guillerme sobre a mesa para frear a imparábel escalada da prima de risco, en máximos históricos e que esta mesma mañá chegou a superar a barreira dos 500 pontos.
Só hai dúas opcións: ou se revisa o papel do Banco Central Europeo para ser un banco dos Estados membros e non dos bancos ou habería que plantexarse recuperar a soberanía monetaria dos Estados, dixo o líder do BNG.
Guillerme presentou hoxe en Ourense a proposta do BNG de crear unha Banca Pública Galegas a representantes económicos e sociais da cidade, un acto no que, o portavoz nacional asegurou, houbo unha gran receptividade á nosa proposta.
O portavoz nacional do BNG subliñou que nun momento de grave crise como actual esta é unha das propostas necesarias para saír deste calexón sen saída na que nos manteñen os gobernos da UE, de Rajoy e de Feijoo.
O Banco Central Europeo alimenta a burbulla da débeda pública
Neste sentido, asegurou que ou se modifica xa o papel do Banco Central Europeo para que empece a ser un banco central de verdade e non un banco ao servizo da especulación coa débeda pública, ou inevitabelmente haberá que abrir o debate sobre a recuperación da soberanía monetaria.
O que non podemos é seguir así
E é que para o líder nacionalista o que non podemos é seguir así. Por iso defendeu que hai que cambiar xa o papel do BCE: ten que ser un banco central dos Estados e non dedicarse e fomentar a burbulla da débeda pública.
É unha evidencia que as políticas da dereita fracasaron
Guillerme lembrou que en maio de 2010, cando o goberno de Zapatero deu un xiro á súa política coas primeiras medidas de recortes sociais, a débeda do Estado español estaba nos 130 puntos básicos e esta mañá, despois de todas as axudas á banca privada e ás medidas de recortes de Rajoy, está case que nos 510 puntos.
Banca Pública Galega como alternativa ás políticas fracasadas da dereita
Por iso, afirmou que é unha evidencia que as políticas de dereita fracasaron, e hai que cambiar o rumbo tanto en materia económica como financeira, creando por exemplo unha Banca Pública Galega.
http://youtu.be/fsVL52wulAI