Aragón olla para o espello do modelo Pontevedra
O proceso de transformación de Pontevedra impulsado polo BNG foi, este venres en Huesca, un dos argumentos protagonistas dunha xornada que tiña como destinatarios os municipios oscenses interesados en coñecer o modelo de mobilidade instaurado con éxito na cidade do Lérez.
Os ambiciosos plans de calmado do tráfico impulsados polos gobernos de Fernández Lores desde o a
Ademáis desa iniciativa legal, a práctica totalidade das vías rodadas da capital contan con instrumentos físicos de calmado do tráfico, os populares lombos, uns pasos de peóns elevados sobre o asfalto, que constitúen o xeito máis eficaz de evitar episodios violentos co automóbil.
Esta profunda transformación de Pontevedra foi inspirada, entre outras, na obra do pedagogo italiano Francesco Tonucci A cidade dos nenos, que reclamaba un espazo público axeitado ás necesidades infantís, que beneficiaría ao conxunto da sociedades. En base a esa filosofía, Pontevedra foi recuperando progresivamente o espazo público que o coche lle tiña roubado.
Percibir a cidade como parte de nós mesmos, integrar a infancia nun espazo público amábel e facilitar desde noviños a autonomía persoal, obxectivos sobre os que se falará en Huesca.
Outra pata da transformación urbana consistiu en non ofrecer facilidades á implantación de grandes superficies comerciais no contorno urbano, extremo que contribúe a unha mobilidade máis sustentábel e a dinamizar o centro da cidade como espazo comercial, así como a manter a sólida rede comercial que tanto contribúe á cohesión social e á riqueza urbana.
Serán o concelleiro de Infraestruturas e Territorio, Cesáreo Mosquera, e o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, quen acudan a esta zona pirenaica para falar do modelo de cidade que desde hai 13 anos veu recuperando o espazo público, e conseguindo obxectivos punteiros en materia de seguranza viaria, como eliminar os mortos por accidentes de tráfico no espazo tratado (o 80% da cidade) e reducir ao mínimo o número de sinistros e a gravidade dos mesmos, de tal xeito que só un 5% precisan asistencia hospitalaria.
Camiño escolar
Tamén falarán da iniciativa do Camiño Escolar, un sistema de mobilidade pensado para que os nenos e nenas poidan ir sós ao colexio e que está funcionando con éxito nun dos máis céntricos colexios da cidade, con 500 alumnos. A implicación da comunidade educativa, pais e nais, e comerciantes da zona, fixo posible eliminar os engarrafamentos puntuais de automóbiles que se detectaban nesa zona.
A campaña municipal está dirixida sobre todo a vencer a resistencia de nais e pais
a deixaren aos seus retoños circular sós ate o cole, polo que unha das medidas que contribúen ao éxito son os controladores de cruces, personal que durante media hora se aposta nas zonas de máis densidade circulatoria para tutelar o paso das crianzas.
Percibir a cidade como parte de sí mesmos, integrar á infancia nun espazo público amábel e facilitar xa desde noviños a autonomía persoal son obxectivos sobre os que se falará en Huesca.
Diversos recoñecementos
O interese do Alto Aragón polo modelo de Pontevedra forma parte dunha longa relación de convites semellantes, tanto no estado Español como en Portugal. Así mesmo, a acción transformadora do BNG en Pontevedra foi recoñecida con numerosos premios, entre os que cabe destacar o Cermi (Confederación Española de Minusválidos) pola mellor acción institucional en materia de accesibilidade, o Nacional da Cultura Galega, o Fesvial de seguridade vial ou o concedido pola DGT ao mellor modelo de seguridade viaria do Estado, este último en 2011.