Ana Pontón pide a Feixóo que abandone o radicalismo contra o galego e recupere o consenso en torno a lingua
Ana Pontón: “O galego é unha riqueza en risco por un Estado que non recoñece que é plurilingüe e pluricultural”
Na celebración do Día das Letras Galegas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, salientou que o noso idioma “é unha riqueza que está en risco por un Estado que non recoñece que é plurilingüe e pluricultural”.
Desde as rúas de Compostela, a nacionalista pide ao presidente da Xunta que abandone o “radicalismo contra o galego e recupere o consenso en torno a nosa lingua”. Neste sentido, criticou que o Goberno de Feixóo “non vive a lingua galega en positivo e con naturalidade” como si o fai a maioría da cidadanía do país que, fale ou non fale galego, si considera que é a lingua propia.
Nunha situación de desigualdade como a que soporta o galego, é necesario aplicar medidas de apoio, “polo que volveu a pedir ao presidente da Xunta “que abandone o radicalismo contra o galego e as políticas de prohibición para volver ao consenso sobre o idioma”. Así, reclamou a Feixóo que deixe de utilizar o galego “como arma política”. “Defenda a lingua que nos une como país, patrimonio de todos e todas”, recalcou.