#ENGALEGOSI

Agora é o momento!

Pódese querer moito a este país, e traballar por el cada día, chamándose José Luís, Alejandro, Ángeles ou Blas. Para mostra Mini, deputado do BNG, que aínda hoxe é José Luís e vai galeguizar neste 17 de maio o seu nome. Do mesmo xeito, practicamente todas e todos levamos en nós a marca da deturpación sistemática dos nosos apelidos: Ameijeiras, Teijeiro, Lage, Naya, Rey... Isto non vai de sentirse máis galego ou galega, a inmensa maioría vivírmonos galegas con naturalidade e con afecto ao lugar e á cultura da que facemos parte. Trátase de dar un pasiño -sinxelo e rápido, pero moi importante- para corrixir a historia neste ámbito e facer xustiza. Bonita e necesaria. Restaurar a forma correcta dos nosos apelidos e galeguizar os nosos nomes. Queremos máis Xosé Luís, Alexandre, Anxos, Brais, Ameixeiras, Teixeiro, Laxe, Naia, Rei... Con plena normalidade, con orgullo e cun sorriso na boca. Para o galego nunca é tarde. Este 17 de maio, é o momento. Galeguiza o teu nome ou restaura a forma correcta dos teus apelidos.