Ana Pontón pide ao goberno galego que levante o veto para poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega

Ana Pontón na manifestación de Alcoa

Ante o anuncio do peche de ALCOA, lembra que a tarifa diferenciada existe en Euskadi onde ningunha empresa electrointensiva marcha para outro territorio por culpa dos elevados prezos da electricidade

Na multitudinaria  manifestación contra o anunciou do peche de ALCOA e permanencia  dos postos de traballo celebrada hoxe na cidade da Coruña, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pediu ao Goberno galego “levantar o veto e iniciar o debate no Parlamento galego para poñer en marcha a tarifa eléctrica galega”. 

Resulta “inconcibible” dixo Pontón, que a estas alturas, nun país como Galiza,   “excedentario en produción eléctrica”, 400 `postos de traballo podan desaparecer tras o anuncio da factoría ALCOA. Unha decisión que afectará a 400 familias e a un gran número de  postos indirectos que tamén  corren o risco de perderse, dixo,  “por culpa dunha regulación eléctrica que prioriza os intereses das empresas eléctricas e marxina a Galiza”. 

Para nós, manifestou, resulta “indignante” o veto á proposta da tarifa eléctrica galega que nos permitiría hoxe non estar nesta situación xa que “abarataría o prezo da luz”. Unha tarifa, explicou, como a que xa existe no Estado español e non vemos que “en Euskadi haxa unha soa empresa electrointesiva que marche para outro territorio por culpa dos prezos da electricidade”.

A portavoz do BNG insistiu na  necesidade de abrir o debate sobre a aplicación dunha tarifa propia  porque todos os galegos e galegas, asegurou,  temos dereito a beneficiarnos dos  nosos recursos como a electricidade pola que pagamos un “importante custe ambiental, social e económico” que despois non reverte en Galiza.

 “Non é lóxico nin solidario” seguir poñendo en perigo postos de traballo por intereses das empresas eléctricas e do centralismo”. A tarifa eléctrica é “unha cuestión de país e esta batalla ímola gañar”, apostilou.

A delegación do BNG, encabezada pola líder nacionalista, Ana Pontón, a eurodeptutada Ana Miranda, o deputado no Parlamento galego, Xosé Luís Rivas, o candidato á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera e cargos institucionais e membros da dirección, amosou o seu apoio ás demandas dos traballadores e traballadoras e asegurou que “ALCOA non se pecha nin permitiremos que se perda un só posto de traballo”.

O PECHE DE ALCOA, NOVA ESTOCADA AO TECIDO INDUSTRIAL DA CORUÑA E COMARCA 

Pola súa parte, o candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera alertou das consecuencias que o peche de ALCOA pode producir  na comarca. Esta decisión sería “unha estocada máis no desmantelamento no tecido industrial” e lembrou que nos últimos anos, A Coruña perdeu empresas emblemáticas porque pecharon ou por que o seu capital pasou a mans foráneas como aconteceu co  Banco Pastor, Caixa Galicia, R, Carmelo ou Unión Fenosa. A esta “lista de defuncións” non podemos permitir engadir  ALCOA, manifestou.

Para o candidato do BNG, A Coruña debe ter vocación de ser o motor económico de Galiza e para iso é necesario manter o tecido industrial e que a sociedade coruñesa se mobilice e impedir este peche froito, explicou Jorquera, dun “marco regulatorio aberrante”, á marxe dos intereses de Galiza e con  practicas “chantaxistas e mafiosas dunha multinacional”: