Ana ontón pide a Feixóo que deixe a chulería e dea unha solución ás demandas d@s traballador@s da Xustiza
“Que a Xunta se sente a negociar sen prepotencia, porque ninguén fai folga por deporte”, indicou, e traslada todo o apoio do BNG ao sector da Xustiza
A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou todo o apoio do BNG aos traballadores e traballadoras da Xustiza “que se están en folga xeral e porque a chulería e a prepotencia do PP están enquistando as reclamacións deste colectivo, que o único que pretende é eliminar as discriminacións salariais que soporta e ter unha Xustiza máis áxil que atenda as necesidades deste país”.
Pontón, -quen xunto co deputado portavoz de Xustiza no Parlamento, Luís Bará-, encabezaron a representación do BNG na manifestación en Compostela, reclamou da Xunta “que se se sente a negociar”, e considera que os representantes do Goberno de Feixóo na mesa de negociación “están taponando unha saída”. “É preciso que a Xunta volva a mesa de negociación no seno do Consello Galego de Relacións Laborais e, sobre todo, é necesario que abandone a chulería e a prepotencia que están enquistando este conflito”.