Adán reclama as prestacións para as persoas do Limbo da dependencia
A deputada denunciou a existencia de 18.106 persoas que non reciben prestación, a pesar de ter recoñecido o grao de dependencia
A deputada do BNG, Carme Adán presentou hoxe ante os medios de comunicación unha Proposición non de lei para debater en pleno a través da cal insta á Xunta a recoñecer a prestación de todas as persoas que se atopan no limbo da dependencia facéndose de maneira inmediata a utilización do servizo ou prestación que lle corresponda.
A deputada asegurou que a 31 de decembro do ano 2013, 18.106 persoas dependentes non recibían prestación en Galiza a pesar de ter recoñecido este dereito polo que reclamou axilizar os trámites para as persoas afectadas que levan máis dun ano segundo confirma o informe do Tribunal de Cuentas.
Servizos sociais derrubados polo Partido popular
Feijóo minte cando afirma que os servizos sociais están blindados, en opinión da nacionalista, o Presidente da Xunta debe rectificar e dicir derrubados e nunha situación crítica. O feito de que Galiza encabece o ranking con máis persoas na lista agardando a recibir unha prestación mostra a verdadeira realidade do que está a acontecer.
Os servizos non están blindados, remarcou dende o momento que existe un gran número de persoas que seguen agardando pola RISGA e as axudas de Emerxencia, agardamos, dixo, que o acordo parlamentario da última sesión plenaria para axilizar os trámites chegue pronto a todas esas persoas.
Non sabemos se existe o limbo cristián pero o da dependencia si
O limbo da dependencia, explicou, é o nome co que definen @s traballador@s sociais a esas persoas que reciben no seu domicilio unha carta que notifica o recoñecemento do seu grao de dependencia e o dereito a determinados servizos. Máis logo, engadiu, pasan os meses e a persoa debe agardar a que lle sexa concedido.
Por outra parte, matizou, dependendo do tipo de servizo os períodos de demoras poden alongarase ata un ano e puxo como exemplo o caso dunha afectada á que lle foi recoñecido o dereito á atención no fogar baremada con grado 3 e que debeu agardar máis dun ano.
Adán denunciou que o limbo da dependencia está a provocar graves consecuencias para @s afectad@s e as súas familias polo que reiterou iniciar medidas urxentes. Galiza está no terceiro posto, á cabeza a nivel estatal de persoas que a 31-12-2013 non recibiron prestación.
O BNG recomenda un Master acelerado de Igualdade para o Executivo de Rajoy