Adán: “Qué o PP quera modicar a Lei, constata o fracaso do concurso eólico de Feijóo”

Carme Adán

O deputada denuncia a falta de obxectivos contra a crise e parálise do sector eólico ante os cambios de normativa e inseguridade financeira

 A deputada do BNG, Carme Adán fixo pública hoxe a posición do BNG fronte a proposta do PP de tramitar o proxecto de lei que modifica a regulación do aproveitamento eólico e crear o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

A parlamentaria asegurou na súa intervención que a proposta do Partido popular “non vai a verdadeira raíz” dos actuais problemas do sector eólico en Galiza, nin mellora o contexto económico e de “grande crise e parálise” resultantes dos cambios normativos e “inseguridade financeira xurídica”.

A modificación da lei é un remendo administrativo do Partido popular

Para a nacionalista, o texto só pretende “a través dunha modificación” trasladar o depósito da fianza ao momento anterior ao inicio das obras e dada a “hemorraxia” do sector, tras o cambio regulatorio aplicado polo Partido popular, coloca ás empresas nunha difícil situación provocando mesmo a “desincentivación” de parques autorizados que non poderán iniciar as obras ante o desembolso da fianza.

Esta lei, dixo, “é un remendo administrativo” alleo á economía, á fiscalidade, ao emprego, á seguridade social ao transporte e a industria e enerxía. Por outra parte, engadiu, o propio Goberno admite o “carácter administrativo do texto” sen máis pretensións o que para nós representa “o recoñecemento do fracaso do Goberno do Partido popular no deseño eólico”.

A deputada pediu a devolución da proposta popular e denunciou a perda de posicións de Galiza no panorama eólico estatal dende o período do Goberno de Núñez Feijóo. A parlamentaria do BNG preguntou cómo se vai reducir a dependencia enerxética se non se constrúe o parque eólico para que entre en funcionamento. Resulta difícil de encaixar “a ampulosidade da norma” coa realidade concluíu.

Finalmente, a proposta de tramitación da lei do Partido popular para modificar o aproveitamento eólico en Galiza saíu adiante cos votos do PP e a abstención do PsdG-PSOE.