Despois de oito meses as persoas xordas seguen sen intérpretes as 24 horas na atención primaria
O Parlamento Galego aprobou por unanimidade a iniciativa impulsada polo BNG o pasado mes de febreiro
Mercedes Queixas propuxo ao titular do SERGAS comezar a utilizar a bolsa de interpretes do sistema educativo para posteriormente asentar unha lista específica destinada á atención sanitaria
Denunciou que a alerta da tarxeta sanitaria para persoas xordas “non funciona” e a comunicación para acceder á sanidade pública non está asegurada
A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Mercedes Queixas lamentou que a Xunta “non fixera nada” despois de oito meses do acordo unánime na aprobación da proposición non de lei do BNG, para “asegurar a comunicación das persoas xordas no acceso á sanidade pública galega demandando da Consellería de Sanidade o compromiso de creación dunha bolsa de intérpretes a disposición do colectivo de persoas xordas as 24 horas do día.”
Hai oito meses dun acordo para un colectivo que presentía o comezo da reparación da vulneración dos seus dereitos. Por fin, dixo a deputada, poderían deixar a impotencia e o medo cando se sentisen mal e tiveran que acudir a un centro de saúde, a unha consulta ou urxencia hospitalaria coa tranquilidade de seren atendido e coidado.
No iniciou da súa intervención, a deputada pediu a todos os membros da Comisión de Sanidade que pechasen os ouvidos e valorasen como se sentiron e lembraran algún momento nos que se viran obrigados a acudir a unha consulta médica imaxinando a falta de ouvido.
Este exercicio, dixo, evidencia as dificultades do colectivo de persoas xordas cando precisan de atención asistencial na sanidade pública.
A parlamentaria engadiu que a falta de ouvido resulta unha dificultade tamén para o persoal facultativo que non conta coa presenza dun/unha interprete.
Desde a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e desde o BNG, explicou Mercedes Queixas, “non entendemos como despois de 8 meses aínda non se executou este acordo parlamentario”.
A deputada recalcou que o Parlamento galego ten a obriga de garantir os dereitos fundamentais das persoas e a súa atención á saúde, e recalcou que esta obriga abarca tamén as persoas xordas.
Tras a reposta do Xerente do Sergas, José Flores confirmando a elaboración dun estudo pero sen medidas concretas para efectivizar o acordo parlamentario, a nacionalista reiterou o seu malestar polo incumprimento do mesmo, “despois da súa aprobación hai oito meses”.
Da súa resposta, dixo, Queixas entendemos que non “existe vontade” para acelerar o proceso para que o colectivo de persoas xordas podan acceder á sanidade pública a través dun ou dunha interprete. “Verdadeiramente, lamentable” e a estas alturas, dixo, xa non valen escusas nin ampararse noutros programas que xa existen. Do que estamos a falar é “dun ou dunha interprete que lle permita ás persoas xordas acceder ao sistema de saúde pública galega”, algo sobre o que vostede “non quere responder nin comprometerse” e da súa resposta so podemos concluír “que nin sequera comezaron a traballar” no acordo parlamentario.
Prodúceme “pudor e vergoña” ter que recoñecer que o colectivo xordo, o máis prexudicado durante a pandemia, continúe con grandes dificultades para acceder a atención asistencial. Pediron encarecidamente que os avisos foran a través de mensaxes escritas e non por chamadas telefónicas e dende o Sergas non atenderon esta demanda sen embargo comprobamos como os sms eran activados para cribados e vacinas. O colectivo demanda que se manteña para eles este sistema para seren citados. É tan difícil para o SERGAS asumir que hai persoas xordas? Estas persoas non poden seguir sentíndose “excluídas” do sistema. No ámbito educativo xa temos unha bolsa de interpretes, porque non comeza o SERGAS utilizando esta lista?
A deputada recalcou que dende “hai 8 meses non se fixo nada” e este colectivo precisa dun “compromiso firme” e non da propaganda do protocolo18-20 da alerta na tarxeta sanitaria para persoas con discapacidade auditiva porque “tampouco funciona”, afirmou.
“Non sigan excluíndo ao colectivo xordo e garantan os seus dereitos e atención sanitaria como lle corresponde”, concluíu.