Vence traslada o respaldo do BNG aos afectados polas preferentes pechados no Concello de Tui
Na súa visita aos afectados e afectadas polas participacións preferentes, pechados na casa do Concello de Tui, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence fixo entrega da carta Declaración do BNG diante do inminente anuncio da quita sobre as preferentes e subordinadas, carta que hoxe será remitida a todas as plataformas galegas de afectados por este produto financeiro
O portavoz do BNG entregou aos afectados a carta Declaración do BNG diante do inminente anuncio da quita sobre as preferentes e subordinadas que será remita, hoxe mesmo, ao resto das plataformas galegas para amosar o respaldo desta forza nacionalista aos aforradores estafados pola banca e expropiados por unha decisión inxustado Goberno do Partido popular imposta a través dunha lei de excepción económica.
O FROB anunciará o vinderio venres 22 as condicións da quita que aplicará ás preferentes
O BNG sempre rexeitou a fraude e a ilegalidade destes produtos colocados pola banca e as caixas, manifestou o portavoz do BNG e culpabilizou das condicións da quita, que será anunciada polo FROB o vindeiro venres, ao Partido popular e a Troika.
Vence explicou que arredor de 60.000 familias galegas están ameazadas pola inminente aplicación dunha quita, que será anunciada o vindeiro venres polo FROB e que consagrará esta estafa.
Para o portavoz do BNG, a Xunta de Galiza e o Banco de España tamén fixeron a vista gorda mentres miles de afectados e afectadas por esta estafa eran enganados con información falaz.
Neste sentido, o nacionalista acusou de trileiro e mentirán a Núñez Feijóo por consentir que a banca e as caixas xogaran coa confianza dos afectados vendéndolle falsas esperanzas con consecuencias terribles para moitas familias galegas.
O anuncio do FROB coincidirá no día en que se deciden os recursos que se destinarán para o rescate de Bankia
Soberanía para enfrontar as imposicións da banca e o Eurogrupo
O portavoz nacional do BNG tamén lembrou que, o Parlamento soberano de Chipre acaba de rexeitar a medida do Eurogrupo para impoñer unha quita aos depositantes , esta decisión parlamentaria, afirmou, impedirá o Plan do Eurogrupo polo que considerou a necesidade de conseguir un Parlamento galego soberano que poida aprobar resolucións xurídicas e eficaces en defensa de Galiza e de todos os galegos.
Vence aludiu a un acordo parlamentario por unanimidade na Cámara galega para unha saída xusta para os afectados das preferentes, pero o noso Parlamento, afirmou, non é soberano e as súas resolucións non meros brindes ao sol.
Un parlamento non soberano é un parlamento irresponsable.
O BNG reclama a devolución integra dos aforros aos seus propietarios
Ante o anuncio do Fondo de Reestruturación Bancaria (FROB), o día 22, sobre os termos do canxe das preferentes, o portavoz nacional do BNG reclamou a urxente reconsideración dos acordos de conversión e canxe de preferentes subordinadas estabelecidos polo Goberno central e o FROB e a devolución integra das cantidades estafadas por produtos financeiros complexos.