Jorquera: "O PP practica unha política de apariencias coa AP-9"
O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera denunciou na Xunta de Portavoces o bloqueo do Partido popular para reclamar a transferencia da autoestrada AP-9
O portavoz parlamentario , Francisco Jorquera compareceu hoxe ante os medios de comunicación para dar conta da vindeira sesión plenaria, na que o BNG, a través dunha moción reclamará ao goberno do Estado que no ano 2016 sexa aplicada unha redución do 50% das taxas da a autoestradas AP-9 e AG-53, demandar un programa de desconto para persoas usuarias, como xa existen no resto do estado e elaborar un estudo para rescatar para a xestión pública directa a concesionaria.
O BNG amosou a súa protesta na Xunta de Portavoces ante a política de aparencias do Partido popular en relación a AP-9 por bloquear a tramitación da Proposición de lei nacionalista que reclama a transferencia e competencia da AP-9 á Xunta de Galiza.
O parlamentario explicou que foi aprobada a toma de consideración da lei o 29 de setembro pero pasados dous meses, a ponencia non se reuniu pese a ser o primeiro proxecto de Lei en entrar na comisión de Infraestruturas dos tres que actualmente seguen o su trámite e pese a que só foi presentada unha emenda e que o propio regulamento establece un prazo de 15 días para que a ponencia redacte o informe. o deputado criticou que sen embargo, estanse a celebrar reunións intensivas da ponencia da Lei do Solo. Para o nacionalista, a situación responde á supeditación do Parlamento ás prioridades fixadas polo Goberno que ademais vota a favor a tramitación da lei para a transferencia en Galiza e en Madrid vota en contra, de aí o bloqueo na tramitación.
Noutra orde de cousas, Jorquera preguntará a Feijóo que pensa facer mentres os gandeiros galegos cobran os prezos máis baixos de todo o Estado despois dun acordo lácteo en Madrid que resultou ser un engano masivo aos produtores galegos. Neste sentido, Jorquera denunciou a intención de expulsar aos produtores galegos do mercado e negou que exista un exceso de oferta porque no Estado español prodúcense 6 millóns de medio de toneladas e consúmense 9 millóns.
Asemade, o BNG interpelará ao Goberno sobre as medidas adoptadas para modificar o actual modelo de reparto do cerco. inxusto para os mariñeiros galegos cunha cota para cada barco basco como toda a que corresponde a toda a flota de Sada e Malpica.
Pleno liliputiense
O portavoz do BNG cualificou de liliputiense o pleno ao non poder incluír outros asuntos, novo exemplo, dixo, do funcionamento arbitrario do Parlamento porque ao PP, manifestou non lle interesa debater sobre a proposta do BNG para retirar o decreto que penaliza o autoconsumo eléctrico ou preguntarlle ao Goberno galego sobre o despedimento de 1.336 traballadores da empresa TRAGSA o maior ERE no sector público no Estado español, concluíu.