Jorquera a Feijóo: Vostede fai trampa, anuncia unha baixada de impostos que non é tal
Francisco Jorquera acusa ao Presidente da Xunta de enganar aos galegos e galegas anunciando que baixa os impostos ás rendas máis baixas
Vostede fai trampa anunciando unha rebaixa do tramo autonómico do IRPF, (unha dedución media de 45 euros ao ano, 3, 5 euros ao mes), vostede engana a todos os galegos e galegas ao afirmar que baixa os impostos ás rendas máis baixas. Desta maneira, iniciou a súa pregunta o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera na sesión de control de preguntas ao Presidente da Xunta.
O deputado explicou que só con encher dúas veces o depósito do coche ao mes, a suba do céntimo sanitario significará un gasto maior. Ademais lembrou que e o tramo estatal do IRPF establecido no ano 2012 consolidase no 2014 por decisión de Rajoy o que tampouco ía subir o IVA nin outros impostos.
En situación de crise económica, o PP sobe os impostos aos que menos teñen
Sobre o imposto a carburantes para financiar a Sanidade, o nacionalista preguntou a Núñez Feijóo se está axustado a unha finalidade específica non orzamentario como esixe o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, cuestión que o Presidente da Xunta obviou responder na súa intervención.
Sube o 30 por cento polo canon da auga, repagos nas prestacións e servizos públicos, sube o lixo, os galegos pagaremos máis pola luz Sr. Feijóo, a consecuencia inmediata será que pagarán máis os que menos teñan a pesar de que foron vostedes os que afirmaron que a máis impostos igual a máis paro porque seguen entón enganando a todos os galegos e galegas.
Na quenda de réplica, Jorquera recomendou a Feijóo ler o proxecto de orzamentos do Partido popular e comprobar como soben os impostos, sobre todo os impostos indirectos.
O seu crecemento solidario, dixo, significa suprimir o préstamo de libros de texto e reducir as axudas en máis dun 25 por cento, eliminar os comedores escolares e xa hai nenos que por comida teñen un bocadillo, recortan as pensións e establecen repago nos medicamentos dos nosos maiores que teñen que malvivir por non ter cartos para os medicamentos.
Ademais, impoñen un repago aos doentes con patoloxías crónicas, un imposto á enfermidade que obrigará a sobrevivir a un cancro, en función da renda do doente
Imposto para o que menos teñen fronte ao fraude fiscal de grandes empresas
Máis de 40.000 millóns de euros defraudan ao ano as grandes empresas e grandes fortunas no Estado español e esa é a causa, afirmou de que a recadación fiscal sexa nove puntos inferior á media europea situación que se agrava en En Galiza por sistema de financiamento que nos condena a unha dependencia crónica do Estado e non asegura a nosa suficiencia.
Mentres isto ocorre, criticou Jorquera, o PP prefire conceder amnistías fiscais aos grandes defraudadores, baixan os salarios e pensións e afogan con repagos aos que menos teñen, concluíu.