Jorquera afirma que os nomeamentos do novo goberno "demostran que Feijóo non ten plan B"
02 de decembro de 2012 (17:50 h.)
Malia a sentenza do TSXG, Feijóo segue avalando as políticas contra o galego do señor Jesús Vázquez, salientou, frente ao fracaso total e absoluto das políticas de xeración de emprego, segue avalando tamén á señora Beatriz Mato, e así até rematar un repaso polo resto de consellarías.
Para o BNG, estes nomeamentos son a demostración de que o señor Feijóo non ten un plan B, só sabe facer recortes e seguirá apostando por estas políticas antisociais e que non serven para saír da crise e por un goberno que xa demostrou a súa perda de impulso político e incapacidade para facer fronte aos problemas e necesidades do noso país.