Jorquera acusa a Feijóo de ser "refén da oligarquía madrileña" e practicar o engano en Galiza
O portavoz do grupo nacionalista leu na Cámara galega unha resposta do Goberno ao BNG no Congreso na que confirma que a Xunta non dirixiu ningunha demanda ao Goberno central para contar coa entidade NCG en Galiza
Francisco Jorquera acusou hoxe ao Presidente da Xunta de Galiza de estar ao servizo da oligarquía de Madrid e renunciar a defender a política de impulso industrial en Galiza.
A Xunta non demandou ao Goberno central manter NCG Banco
A través da pregunta ao Presidente, Jorquera acusou a Núñez Feijóo de practicar a política do permanente engano.
Neste sentido, o deputado criticou o desleixo do goberno galego ante a desaparición das caixas de aforros galegas e leu unha resposta do Goberno central á unha pregunta do BNG en Madrid que confirma que non hai constancia de que a Xunta de Galiza dirixira ningunha demanda ao Goberno sobre a necesidade de contar cunha entidade financeira territorializada en Galiza...
Asemade, a resposta do Goberno central ao BNG recolle tamén a previsión da venta de NCG Banco polo FROB antes de que acabe o período de cinco anos establecido para a reestruturación da entidade.
Evitar o desmantelamento industrial en Galiza
Jorquera preguntou ao Presidente da Xunta se pensa facer algo para evitar a sangría industrial que padece Galiza ou se polo contrario continuará practicando a política de engano que leva ao Partido popular a defender o dique flotante en Galiza e votar en contra en Madrid.´
O parlamentario do BNG asegurou que empresa que abraza Feijóo, empresa que vai a pique e entre as que nomeou, a Pescanova, Alimentos Lácteos, Navantia, Barreras e Santa Bárbara.
Ao desmantelamento industrial, Jorquera sumou o roubo das preferentes , o Sr. De Guindos, dixo, ten o descaro de afirmar que Estado español non é Chipre pero mentres en Chipre, explicou, o seu Parlamento impide unha quita a pequenos e medianos aforradores, aquí roubase aos pequenos aforradores galegos, por unha lei de Rajoy que legalizou a quita apoiada polo voto favorable dos deputados e deputadas do Partido popular de Galiza, unha lei, que vostede, non recorreu a pesar de que espoliaba a miles de aforradores galegos
Jorquera manifestou que 600 millóns de euros de aforros galegos son destinados a recapitalizar a Banca, vostede, concluíu algo terá que dicir sobre algo este roubo.