Guillerme esixe a retirada da lei Wert, "un proxecto infumábel que pretende privatizar o ensino"
O portavoz nacional afirmou que o BNG está en contra dese novo intento de facer unha lei de Educación, da lei Wert, esa LOMCE que o único que pretende é privatizar o ensino e españolizalo máis.
Estamos ante un proxecto absolutamente infumábel que debe ser retirado ao bául dos recordos, continuou. Nese sentido, Guillerme amosou o total apoio do BNG ás mobilizacións de estudantes ante este intento de impor unha lei de educación regresiva.
Minutos antes, o Secretario de Organización de Galiza Nova, Roi García, avaliaba de xeito moi positivo a xornada de folga que cualificou de masiva no noso país e afirmou que ante esta resposta do estudantado o PP vai ter que rectificar e retirar a LOMCE, así como a dimisión do ministro Wert.
http://youtu.be/qaX66VOMLWM