O compromiso do BNG é con Galiza frente ao programa de Feijóo sumiso a Madrid e Rajoy
Feijóo non se opuxo ao decreto do Estado do copago dos medicamentos dos pensionistas, ao decreto enerxético ou ao decreto que legaliza a estafa masiva das preferentes, é iso poñer a Galiza primeiro?, continuou.
O candidato nacionalista lembrou que o primeiro que fixo Feijóo ao chegar á Xunta foi atacar o galego e agora di que a súa principal preocupación é que Galiza non sexa un problema para o Estado. Feijóo non cre no País e as súas aspiracións están postas todas en Madrid.
Galiza sumisa
Neste sentido, explicou que o programa de Feijóo xa se coñece, é o dunha Galiza sumisa e obediente a Madrid e a novos recortes, como en Portugal e Grecia, por iso Galiza precisa abrir unha nova etapa, da man do BNG, que aposte entre outras medidas por un banco público e unha nova política fiscal.
O BNG sae á rúa, fala para xente e escoita á xente, por iso hoxe estamos nesta praza, nós facemos un mitin mentres Feijóo o que fai é un mintín
Para Jorquera, neste contexto é evidente que Galiza precisa un cambio real, un cambio que tamén pasa pola rexeneración da democracia e afortolar o autogoberno pois fronte aos que falan de que a prioridade é buscar unha saída social á crise eu digo que autogoberno e saída xusta e social á crise son caras da mesma moeda.
Francisco Jorquera reiterou as súas críticas a Feijóo por comportarse como un frío contabél en vez de como un verdadeiro presidente da Xunta e advertiulle que a solvencia consiste en loitar contra o paro, loitar contra a crise, e nestes asuntos Feijóo é un presidente insensíbel co drama que estamos a vivir, non hai tal solvencia.
Feijóo mentirán
Como xa fixera nun mitin pola mañá en Tomiño, criticou a locuacidade demostrada por Feijóo durante o debate na TVG do pasado Mércores, moi locuaz si pero mentiu sobre as contas públicas, mentiu sobre as listas de espera e sobre o caso dramático da persoa enferma de cancro que agarda por unha operación en Ourense.
Asemade -continuou- aínda estamos agardando a que expulse do seu partido a Castelao Bragaña, un señor que se atreveu a dicir que as leis son para violalas, como as mulleres, unha auténtica barbaridade que é auténtico terrorismo machista.
Guillerme Vázquez
Pola súa parte, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, apelou a que hai que manter vivos os soños e do mesmo xeito que un día "soñamos cunha Pontevedra como a que hora disfrutamos temos que pelexar e loitar para que o próximo día 21 cumpramos tamén o soño dunha Galiza na que poidamos vivir e traballar".
Carlos Aymerich
O cabeza de lista por Pontevedra, Carlos Aymerich, que tomou a palabra logo de Luis Bará, candidato número cinco, quen apelou á rescatar ás persoas e non á banca, como vai faceri o concello de Pontevedra coas pagas extras de Nadal, tamén puxo de exemplo esta cidade, gobernada polo nacionalista Miguel Fernández Lores, conductor do acto, de que a política sirve para cambiar as cousas, "algunhas políticas como as que practica o Bloque Nacionalista Galego".
http://youtu.be/VbCZTQxB8Kc