O BNG propón un acordo da Cámara galega para mudar a xestión da AP- 9
Ana Pontón asegura que os continuos atascos constatan a ineficacia da xestión da autoestrada e incorren en ilegalidade. A nacionalista acusa á Xunta de limitarse ofrecer declaracións de boas intencións sobre unha situación da que tamén é responsábel.
A deputada do BNG, Ana Pontón compareceu hoxe, ante os medios de comunicación, para presentar unha Proposición non de lei co fin de promover un debate na Cámara galega sobre a xestión e titularidade da AP-9.
Para nacionalista, os atascos producidos durante o verán resultan un Déjà Vu para usuarios e usuarias que continuamente son atrapad@s nas peaxes polo afán de lucro de Audasa e a súa ineficaz e ineficiente xestión.
Neste sentido, considerou que o Goberno galego é responsábel e debe pasar das palabras aos feitos de aí a necesidade, dixo, de acadar un acordo entre todas as forzas parlamentarias para mudar o modelo de xestión da AP-9 como reclama a proposta do BNG que será debatida no inicio do período de sesións, no mes de setembro.
A iniciativa do BNG explicou, inclúe medidas a curto e medio prazo así como sancións a Audasa, non só polos abusos dos atascos senón pola reiterada xestión deficiente da autoestrada e demais, solicitamos unha rebaixa inmediata das peaxes, como mínimo nun 50%,.
AP-9, autoestrada fraudulenta, privatizada e requetepagada
A parlamentaria recalcou que a autoestrada está privatizada de maneira fraudulenta polo que as accións do goberno deben ir encamiñadas ao rescate para convertela nunha vía libre de peaxes, utilizar a AP-9 resulta un verdadeiro atraco e xa está pagada e requetepagada, denunciou.
Ponrón criticou o cinismo de Feijóo que publicamente defende a rebaixa das peaxes e no Parlamento vota en contra de solicitalas formalmente.A AP-9, é unha autoestrada que se converteu nun artigo de luxo, afirmou, non aplica descontos e resulta a máis cara de todo o Estado. Entendemos que esta situación, precisa de medidas urxentes que pasan por sancionar a Audasa, rebaixar de maneira inmediata as peaxes e dar pasos firmes para o seu rescate.
A deputada concluíu a súa intervención reclamando a xestión galega da AP-9 e non en mans do Goberno central nin de fondos norteamericanos, como na actualidade. Queremos unha autoestrada xestionada por Galiza e libre de peaxes, reiterou.