3.000 mariñeir@s defenden o dereito a pescar e son apaleados. O delegado do Goberno debe dimitir.
Ademais da dimisión, o Bloque levará ao Parlamento a reprobación de Juárez, para que haxa un pronunciamento explicito da Cámara, e no Congreso xa solicitou a comparecencia urxente do ministro del Interior, Jorge Fernández, para que explique a actuación das forzas de seguridade.
Na comparecencia co Grupo Parlamentario, o portavoz nacional, Xavier Vence, sinalou ao presidente da Xunta como responsable directo da situación pola súa negativa a dialogar e a negociar. Feijóo manda pero non Goberna, e confunde a maioría absoluta con absolutismo, como se tivese patente e de corso. Ten tempo para calquera entroidada, pero non para recibir a frota do cerco ou as alcaldes e alcaldesas que representan a medio millón de galegos e galegas, denunciou.
Feijóo ten que cambiar a represión e as multas polo diálogo e a negociación, ten que abrir canles para resolver os problemas tanto co sector do cerco, -empezando por renegociar en Madrid o reparto das cotas-, como cos alcaldes e alcaldesas que rexeitan o taxazo de Sogama, que vai contra os intereses da veciñanza, reclamou Vence.
O portavoz nacional tamén se preguntou se a aposta de Mariano Rajoy de cara aos comicios europeos vai ser o ministro de Agricultura e Pesca, Miguel Arias Cañete, se o obxectivo é envialo a Bruxelas para que sega tamén na Eurocámara machacando aos sectores produtivos de Galiza.