#14N: Medio millón de galeg@s derrota nas rúas as políticas da dereita
A CIG cifra o seguimento do paro nun 90 por cento.
A participación nas manifestacións nas cidades non ten precedentes na recente historia: 180.000 persoas en Vigo, 125 mil en A Coruña, 100 mil en Ferrol, 40 mil en Santiago, 40 mil en Pontevedra, 30 mil en Ourense, 12 mil en Lugo.
Lexitimidade democrática
Ficou clarísimo que a maioría social galega repudia as políticas do Partido Popular.
Os gobernos galego e estatal terán de ouvir o clamor social. Do contrario, nada do que fagan apartir de agora terá a mínima lexitimidade que lle é exixíbel a un goberno democrático.