A Xunta está valorando a reclamación do BNG de reformular o proxecto actual do castro de Toiriz
18 de decembro de 2020 (20:01 h.)
O Goberno galego vén de recoñecer no Parlamento que está valorando a remodelación do actual proxecto de recuperación do castro de Toiriz tal e como reclama o BNG e diferentes colectivos de Silleda, concello onde está localizado o castro que xunto a outros dous forma parte do denominado Proxecto de Restauración e Musealización dos Xacementos Galaico-romanos de Pontevedra.