Néstor Rego anuncia a abstención do BNG nos orzamentos do Estado 2022
23 de novembro de 2021 (14:30 h.)
O deputado do BNG cualifica como "decepcionantes" o diálogo e a negociación co Goberno do Estado por non querer mellorar o investimento na Galiza e frustrar toda posibilidade de avanzar no cumprimento do Acordo de Investidura. O goberno dixo non as emendas do BNG para mellorar os investimentos na Galiza, a posta en marcha das cercanías ferroviarias ou a intervención pública de ALCOA, entre outras.