Ana Pontón solicitará o adiamento das eleccións Galegas do 5 de abril
13 de marzo de 2020 (16:07 h.)
Ana Pontón compareceu en rolda de prensa para anunciar que na reunión de líderes políticos do vindeiro luns solicitará o adiamento das #Galegas2020 por non darse as condicións mínimas para desenvolver con garantías. Ante a crise sanitaria do #Coronavirus a saúde das persoas é o primeiro.