Un tempo novo
Son os pobos, as persoas, quen protagonizan os cambios. Elas son a enerxía e o motor necesario para abrir un tempo novo en Galiza. E este é o momento de apostar por esa mudanza, a que precisa un país coma o noso, con enerxía e capacidade de transformación, un país diverso, vivo e con vontade de saír adiante. Pegamos un cartaz nun muro e todo muda. Construír Galiza con ilusión, contigo, di. E saen del raios de luz en todas direccións, que van enchendo de cor as paisaxes e as persoas deste país que amamos e no que temos tanta confianza. Unha Galiza de todas e de todos. Unha Galiza para construír desde a pluralidade, e que precisa dun horizonte compartido de traballo, dereitos, igualdade, benestar. Coa man tendida, velaquí a nosa aposta musical para mostrar a capacidade que temos os galegos e as galegas para transformar e mellorar a realidade, desde a confianza no que somos.
CRÉDITOS
Título da canción: Un tempo novo!
Voces: Xavi Castro (do grupo Raiba) e Navia Rivas.
Música: Marcos Paino
Produción do videoclip: ZIWA.
LETRA
Irei á selva como cada luns
na miña aldea somos fans de Robin Hood
Nada de gando nin carne de canón
buscar traballo de Finlandia a Nova York
Quen dixo medo habendo hospitais
é o momento de berrarlles nunca máis
Facer cos dedos o V da vitoria
escribiremos unha páxina da historia
Que non digo nunca nada por dicir
entón escoita agora e aquí
Os homes que odian desaparecerán
e o poder do pobo ao pobo voltará
que non te enreden vendedores de seguros
tes dereito a escoller o teu futuro
Non compraremos billetes para o barco
sabes que hai unha praia baixo o asfalto
Un tempo novo depende de nós
Un tempo novo pasa por nós