Proceso de designación de candidata/o á Presidencia da Xunta de Galiza 2024

XVI Asemblea Nacional

O Consello Nacional do BNG, reunido o sábado, 28 de outubro, acordou a apertura do proceso de elección de candidata/o á presidencia da Xunta da Galiza. Animamos vivamente a toda a militancia a participar activamente deste proceso, que se verificará a través do seguinte método:

  1. Segundo marcan as normas de funcionamento en vigor do BNG, a decisión será tomada, colectiva e democraticamente, en votación polas asembleas comarcais do BNG en toda a nación e na asemblea da emigración.
  2. Poderase presentar candidata/o neste proceso calquera militante do BNG dado de alta na organización cun mínimo de dous meses de antelación á convocatoria do proceso (daquela, desde o 28 de agosto de 2023).
  3. Cada candidatura debe reunir un mínimo de 200 militantes con plenos dereitos que a avalen.
  4. O prazo de presentación de candidaturas establécese do 31 de outubro ao 13 de novembro (inclusive), até as 12.00 horas.
  5. As asembleas comarcais reuniranse no período comprendido entre os días 14 a 19 de novembro (inclusive). Debateranse e votaranse todas as propostas presentadas.
  6. A militancia do BNG encadrada na asemblea da emigración poderá participar deste proceso a través dun método de voto telemático con garantías de privacidade, e recibindo previamente información sobre todas as propostas presentadas. Este mesmo sistema será o utilizado para posibilitar a militancia do BNG que xustifique se encontre desprazada da comarca á que pertence ou motive a solicitude por causas de forza maior (laborais, estudos, de saúde etc)
  7. Efectuarase o escrutinio de todos os votos emitidos nas asembleas e os trasladados por vía telemática para o seu cómputo centralizado a nivel nacional.
  8. O Consello Nacional a reunir o 25 de novembro de 2023 proclamará como candidata/o elixida/o aquel ou aquela que obteña maior número de votos entre a militancia.

 

Consello Nacional
Bloque Nacionalista Galego

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG