8-M, e agora que?
O BNG organiza un Encontro de traballo e debate o vindeiro 28 de abril (de 10 a 14h) en Pontevedra, no Centro Sur en Campolongo. Trátase dunha xornada participativa na que traballaremos en diferentes grupos para avanzar nos retos de futuro para fortalecer a resposta feminista.
Gustaríanos contar contigo e animámoste a participar. Para unha mellor organización pregámosche que te inscribas na seguinte ligazón anotándote no grupo que máis che interese:
Grupo 1: Accións e mobilizacións a realizar.
Grupo 2: Participación e implicación no feminismo.
Grupo 3: A conciliación dos tempos das nosas vidas.
PROGRAMA COMPLETO:
10:00: acreditación e recepción.
10:30: Sesión de apertura. Saúdo a cargo da Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
11:00 a 11:15 Explicación da dinámica de traballo [conxunto para todas as participantes]
11:15 a 12:45 Traballo en grupos de debate:
Grupo 1: Accións e mobilizacións a realizar
Grupo 2: Participación e implicación no feminismo
Grupo 3: A conciliación dos tempos das nosas vidas
13:00 a 13:30 Conclusións e peche [conxunto de todas as participantes]
* Haberá espazo infantil.