Por qué a Xunta oculta información ao Parlamento sobre a Fundación Camilo Jose Cela?
A portavoz parlamentaria de Cultura, Ana Pontón, remitiu unha carta ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, na que lle reclama acceso a todos os expedientes dos que dispoña a Xunta en relación coa Fundación Camilo José Cela co fin de poder coñecer directamente o seu contido.
O envío da misiva se produce despois de que este departamento ignorase as solicitudes de información do BNG en base ao artigo 9 do regulamento da Cámara galega, que o Executivo de Feijóo ignora de xeito sistemático cando se trata de asuntos que lle son incómodos. Este é este caso de utilización de fondo públicos por parte desta entidade na última década, cuxa xestión ten suscitado dúbidas sobre o seu correcto funcionamento implicando incluso a ex altos cargos da Xunta nos executivos do PP.
Pontón argumenta que dispoñer da información necesaria é fundamental para que os grupos políticos da oposición podan levar a cabo o seu labor de fiscalización e control da acción do goberno desde o Parlamento.
Neste sentido, na carta dirixida a Rodríguez, empraza ao conselleiro a que fixe o lugar ao que debe acudir o vindeiro xoves 16 de xullo para ter acceso a documentación requirida, e lembra a deputada que a transparencia é un deber de calquera administración pública e unha demanda crecente da cidadanía.