Xunta e Igrexa aínda non asumiron a súa responsabilidade no roubo do Códice
Alén do resultado da investigación policial, que se saldou coa detención de tres persoas como supostas autoras do roubo do Códice Calixtino, Ana Pontón lembra que cómpre que a Xunta e a Igrexa asuman as súas responsabilidades no ámbito da proteción do patrimonio cultural galego.
A parlamentar considera que sigue vixente, por tanto, as reclamacións que leva feito o BNG durante todo este tempo a través de distintas iniciativas, instando á Xunta a informar na Cámara sobre as investigacións do caso e a incoar o expediente oportuno para que o patrimonio bibliográfico custodiado pola igrexa teña declaración individualizada como BIC, adoptando as medidas de seguridade necesarias para ser exposto ao público.
Revisión dos acordos marco coa Igrexa
Asemade, Ana Pontón reitera a necesidade de que se revisen os acordos marco entra a Xunta e a Igrexa de tal xeito que os bens que teñan un valor singular pasen a estar custodiadas polas institucións públicas galegas.