A Xunta confirma ao BNG que nas vindeiras semanas serán aboadas as expropiación do Baixo Miño
A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta pola demora no pago das expropiacións dos terreos para a construción da estrada Tui-A Garda
A deputada do BNG, Tereixa Paz recibiu con satisfacción a confirmación do director de Infraestruturas da Xunta de Galiza, Francisco Menéndez quen afirmou que nas vindeiras semanas serán aboadas as cantidades por expropiacións de terras radicadas nos concellos de A Guarda, Tui, O Rosal e Tomiño.
Na súa intervención, a deputada pediu concreción sobre os 500 mil euros pendentes para completar o proceso pendente de pagamento e se esa cantidade pendente de habilitar crédito corresponde a expedientes xa resoltos polo Xurado de Expropiación onde quedan por resolver 8 expedientes cun valor de 15.000 euros. Tras a resposta do director Xeral, a parlamentaria deu por feito que os 500 mil euros só están pendentes dunha habilitación de fondos ao non existir o problema burocrático.
Segundo confirmou Menéndez, dende o mes de setembro a situación mellorou a respecto dos futuros pagos, Tereixa Paz pediu un esforzo á Axencia para axilizar a habilitación dos 500 mil euros que corresponden a expedientes resoltos dende hai un ano.
Paz remarcou que as Comunidades de Montes deben ser resarcidas dos seus dereitos na maior brevidade ante os prexuízos burocráticos e económicos ocasionados pola expropiación polo que volveu reclamar o pago, a través dun anticipo da provisión de fondos ou de calquera outra formula posible.