Xornada vitivinícola en Castrelo de Miño: "A PAC, retos e oportunidades"

En colaboración co Concello de Castrelo de Miño, o BNG organiza o 22 de xuño unha xornada de debate baixo o título A PAC: retos e oportunidades para o sector vitivinícola galego. A inauguración correrá a cargo da eurodeputada Ana Miranda e do rexedor Xurxo Rodríguez, para dar paso a catro mesas de debate que analizarán a repercusión da futura Política Agraria Común 2014-2020 no sector do viño galego, en particular o referente aos dereitos de plantación de viñedos e á OCM, as estratexias comerciais nun entorno cada vez máis competitivo, o papel dos Consellos Reguladores e as experiencias sobre asociacionismo e cooperación dentro do sector. As xornadas son abertas ao público en xeral e poden ver o programa con información detallada sobre horarios, lugar,

/redirect/content?slug=PROGRAMA-XORNADA-VITIVINICOLA-CASTRELO-MIÑO-22-XUÑO-2013.pdf