Xornada: Impactos e alternativas á nova minaría en Galiza

Sábado 5 de outubro, na Nave de Vidán (Avenida Mestra Vitoria Míguez, 44) en Santiago de Compostela

Organiza: Comisión de Medio Ambiente do Bloque Nacionalista Galego

Obxectivos: afondar no coñecemento dos impactos, nas posíbeis medidas correctoras e nos criterios de sustentabilidade.

PROGRAMA

- 10:00 h. Presentación/ Inauguración

Xavier Vence, Portavoz nacional do BNG

Mª do Mar Vila, responsable Area de Ecoloxismo, Medio Ambiente e Defensa da Terra do BNG

- 10:15h. Impactos ambientais e sociais dos novos proxectos de minaría

Modera: Manolo Soto Castiñeiras, profesor de Química na UDC., coordinador da Comisión de Ecoloxismo e Defensa da Terra do BNG.

O impacto ambiental da minaría de metais e terras raras.

Fins Eirexas. Asociación ecoloxista ADEGA

Impacto no emprego do sector primario

Gabriel López García. Federación Rural Galega (FRUGA)

A desestruturación social en áreas mineiras

Pedro Gabriel Silva. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro

- 11:30h. Descanso

- 12:00h. Minaría e economía

Modera: Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.

Aspectos históricos da minaría en Galiza.

Xoán Carmona Badía. Universidade de Santiago de Compostela

Minaría sustentábel?. Uso e abuso do concepto de sustentabilidade nun proxecto económico emancipador para Galiza.

Xoán Doldán. Universidade de Santiago de Compostela

A minaría e Industria dende unha visión política.

Carme Adán, Portavoz de Industria do BNG no Parlamento Galego.

- 13:00h. Mesa-Debate

Modera: Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental. Membro da Comisión de Ecoloxismo do BNG.Colectivos e Plataformas contra os proxectos de megaminaría (Corcoesto e Bergantiños, Becerreá e Fonsagrada, Serra do Galiñeiro, Cartelle e Ramirás, etc.)

- 14:00h. Conclusións e Clausura

Mª do Mar Vila, membro da executiva Nacional do BNG e responsable da Area de Ecoloxismo e Defensa da Terra.

- 14:30h. Desprazamento a Touro

Xantar en Touro, ao aire libre, se o tempo o permite, e visita ás minas abandonadas.

- 18:00h. Volta a Santiago.

Prégase confirmar asistencia no teléfono 981555850 ou no correo "sedenacional@bng-galiza.org".

Aquelas persoas que se queden para a tarde deben anotarse antes do xoves día 3 para organizar o xantar e a visita á mina abandonada de touro. (prezo xantar+ visita: 10€).