A xerente do Sergas responde ao BNG non ter constancia das obras da casa do Médico de Hío
O deputado do BNG pediu explicacións sobre o posible traslado do actual consultorio médico de Hío e as previsións da Consellería para mellorar a atención sanitaria que os veciños levan demandando dende hai 13 anos
O deputado do BNG, Daniel Rodas pediu hoxe explicacións á xerente do Sergas, a través dunha pregunta parlamentaria, sobre as obras que o concello de Cangas está levando a cabo para supostamente trasladar o actual consultorio médico do Hío.
Neste sentido, tamén preguntou polos compromisos da Consellería de Sanidade coa rehabilitación da Casa do Médico de Hío, a modificación do anterior informe e cando serán utilizados os terreos para o novo Centro.
Pola súa parte, a Xerente do Sergas manifestou non ter constancia das obras da casa do Médico nin do posible traslado do consultorio.
Na súa intervención, Rodas recordou que as demandas para mellorar as prestacións sanitarias nas parroquias de Hío e Aldán veñen de lonxe ante unha prestación sanitaria, que cualificou de deficiente pola eliminación de servizos e deterioro das instalacións. O deputado remarcou que Sergas comprometeuse a solucionar a situación a cambio de serlle facilitados os terreos para a construción dun Centro de Saúde Aldán-Hío.
Neste sentido, lembrou que foi unha alcaldesa nacionalista a que acadou a compra de 2.000 metros cadrados por 342.000 euros, e púxoos a disposición da Consellaría dende o ano 2011 e o PP nas 2011 con Feijóo e José Enrique Sotela, alcalde de Cangas comprometéronse coa cidadanía a comezar as obras no 2012, mesmo incluíndo unha partida de 270.000 euros no orzamento dese ano.
Sen embargo, pasado o tempo, criticou o nacionalista, o compromiso non se cumpriu e o alcalde anunciou a recuperación do modelo de microconsultorios, a pesar de ser unha opción superada polo Decreto 200/1993.
Por outra parte, lembrou Rodas, a anteriores preguntas do BNG, o Director Xeral de Recursos Económicos do Sergas, Torres Rojo, asegurou que existe un informe técnico que reflexa unhas características técnicas que non permitían un centro conforme á normativa e a calidade que se espera" e agora, a propia Xerente do Sergas, agora Nieves Domínguez secunda as afirmacións do Rojo, ao afirmar con rotundidade que nada sabe das obras que se están acometendo na Casa do Médico, nin coñece o proxecto, nin se modificou o Informe que reflectía que ese local non reúne as características técnicas adecuadas .
Asemade, Domínguez tamén recoñeceu as deficiencias do consultorio médico do Hío pero afirmou a Consellería ten a vontade de ofrecer un servizo de calidade aos usuarios de Aldán-O Hío, no momento en que sexa posible orzamentariamente.
Rodas cualificou de esperpento que o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo e Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán pretendan financiar as obras con 111.000 euros, mentres a Consellaría de Sanidade, que aposta por outro modelo, descoñece o que está acontecendo.
Para o deputado se está a evidenciar a desavenencia entre a parte rústica e a compostelán do Partido popular mentres @s veciños/as de Aldán- Hío resultan ser os grandes prexudicados e levan máis de 13 anos demandando unha atención sanitaria adecuada aos tempos.