Viéitez: "O PP non ten vontade política para resolver as preferentes"
O d
A través dunha pregunta formulada, na Comisión de Economía e Facenda, sobre as directrices impartidas aos traballadores do Instituto de Consumo e oficinas municipais de información ao consumidores para o asesoramento das persoas afectadas por esta fraude, Viéitez denunciou a nula intención política do Partido Popular no Goberno para solucionar os problemas derivados das participacións preferentes.
Na súa intervención, o nacionalista asegurou que Consumo só ofrece o "Laudo arbitral" como única saída legal cando ao seu xuízo, existen outras alternativas.
Acordo parlamentario
Neste sentido, reclamou cumprir o acordo parlamentario unánime que obriga a Xunta a instar ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e preste as autorizacións necesarias a Novagalicia Banco e ao resto das entidades financeiras, para dar solución á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.
Consumo só ofrece o "Laudo arbitral", a pesar de exitir outras alternativas
Asemade, o acordo da Cámara galega tamén insta ás entidades financeiras promover unha solución aos subscritores deste produto que desexen recuperar os cartos investido permitindo a recuperación íntegra do investimento realizado.
Pola súa parte, a directora xeral de Consumo, Nava Castro afirmou que o laudo arbitral é a alternativa legal máis rápida e eficaz pola que aposta e seguirá apostando o Goberno galego.a