A TVG comprométese co BNG a dar cobertura ás seleccións galegas no mundial de Fútbol en Abu Dhabi
Montse Prado salientou que é un orgullo para Galiza que as seleccións galegas, femenina e masculina, participen no evento mundial previsto entre os días 5 e 8 de marzo nos Emiratos Árabes e congratulouse do compromiso do director da CRTVG de ofrecer a cobertura informativa do envento
A deputada do BNG, Montse Prado, a través dunha pregunta formulada na comisión de control da CRTVG reclamou a emisión dos encontros nos que participarán as seleccións galegas de Fútbol gaélico no Mundial de Fútbol en Abu Dhabi entre os días 5 e 8 de marzo.
A parlamentaria manifestou que a participación das seleccións galegas no encontro de Abu Dhabi contribúe a dignificar e normalizar a existencia de seleccións propias en Galiza.
Pola súa parte Sánchez Izquierdo comprometeuse á unha ampla cobertura informativa na TVG aínda que as condición económicas, dixo, non lle permitan, polo momento, confirmar se o medio público galego asistirá ao avento.
O BNG denuncia a manipulación informativa na TVG
Na comisión de control da Compañía de CRTVG, a deputada tamén criticou a manipulación informativa que, na súa opinión está a provocar que moita xente deserte da TVG.
A parlamentaria referíase á cobertura das eleccións sindicais do día 4 de novembro no ensino público non universitario de Galiza que apenas tivo repercusión na TVG. Sánchez Izquierdo xustificou a brevidade da noticia polo propio formato do informativo que conleva ese tratamento habitual nos casos como o nomeado pola parlamentaria.
Prado lamentou ese habitual proceder informativo e denunciou que baixo esa escusa as organizacións sindicais e o nacionalismo apenas aparecen como noticias relevantes.
A publicidade na TVG maioritariamente en castelán
Por outra parte, a deputada tamén preguntou pola porcentaxe de uso da lingua galega nos espazos publicitarios da Radio e Televisión e as medidas adoptadas para incrementar a presenza do galego na publicidade.
Os espazos publicitarios, explicou, ocupan un gran tramo da programación da TVG así como na súa páxina web. A nosa preocupación ven xustificada porque unha parte importantísima da información publicitaria faise en castelán e páxina web é non cen por cen.
Dende que o Partido popular volveu á Xunta, a información galega deixou de ser o eixo central da comunicación e a publicidade cada vez faise máis en castelán algo que non é casual nin se xustifica razóns técnicas. Esta circunstancia, engadiu, é calculada porque tamén son calculados os usos lingüísticos por parte dos medios públicos para restar relevancia a lingua galega.
A deputada apelou á Lei de creación da Radio Televisión de Galiza e o mandato da proxección, promoción e difusión da lingua galega para pedir unha rectificación e que a TVG deixe de emitir publicidade en castelán.