Tereixa Paz pide a resposición dos postos de traballo da empresa pública Tragsa
A deputada reclamou que se cumpra a declaración institucional aprobada, onte por unanimidade no Parlamento galego, para instar á Xunta a dirixirse ao Goberno de España para solicitar a reincorporación dos 75 traballadores e traballadoras da empresa afectados polo ERE do grupo de empresas TRAGSA na nosa comunidade
Pleno.- A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz lembrou que onte mesmo, no Parlamento galego foi aprobada unha declaración institucional, por unanimidade, co fin de instar ao Goberno do Estado a solicitar a reincorporación dos 75 traballadores e traballadoras de TRAGSA afectados polo ERE e a entablecer o antes posible as negociacións cos representantes dos traballadores.
O ERE, explicou a nacionalista afecta a traballadores esenciais para servizos da Xunta e tamén aos servizos de emerxencias polo que volveu a preguntar ao conselleiro de Traballo, Francisco Conde, que pensa facer o Goberno galego para readmitir aos traballadores e traballadoras do grupo TRAGSA en Galiza.
O conselleiro de Traballo asegurou que xa tiveron lugar, tanto en Galiza como en Madrid diversas xuntanzas co fin de revisar a situación dos traballadores e traballadoras co fin de posibilitar a súa readmisión. Conde afirmou que o ERE de Tragsa é axustado a dereito pero aínda contamos,dixo, coa a vía de diálogo para acadar unha solución e defender os intereses dos traballadores, pero sempre con responsabilidade.
Tereixa Paz pide a conselleiro que faga presión ante os directivos de Tragsa co aval de 40 M en contratos da empresa coa Xunta
Na réplica, a parlamentaria afirmou que a sentencia do Tribunal Supremo só declara que o ERE é axustado a dereito pero non anima a súa execución. As situación económica da empresa dende o ano 2013, momento do ERE, cambiou substancialmente cunha produción en Galiza de 40 M que devén na súa integridade de encomendas de xestión contratada pola Xunta de Galiza e que afectan a servizos públicos polo que recomendou ao conselleiro elaborar un dossier de todas as encomendas de xestión de todas as consellerías con Tragsa para negociar cos directivos da empresa e facer presión, non vale ir alí a pedir que readmitan aos traballadores, acudan a esa xuntanza co peso e autoridade dos contratos da Xunta por máis de 40 millóns de euros con esa empresa pública.
A parlamentaria tamén lembrou que no suposto de que TRAGSA non cumpra os prazos dalgunhas encomendas para xustificar fondos FEADER provocando que a Xunta non poda cobrar os fondos, haberá que facer unha reclamación patrimonial.