Tereixa Paz denuncia que a Xunta quere construír un hotel na acrópole de Monterrei
A deputada pediu a paralización das obras do proxecto para evitar danos irreparábeis no patrimonio da acrópole e castelo de Monterrei e reclamou o seu uso público
A deputada do BNG, Tereixa Paz, a través dunha pregunta parlamentaria, pediu paralizar as obras da acrópole e Castelo de Monterrei polo risco de danos irreversíbeis que poden ocasionar as obras neste patrimonio e a previsión da Xunta para privatizar a súa xestión.
Para a deputada, as obras non contan con medidas preventivas e son constatabéis os danos nas paredes do perímetro polo impacto de golpes de camións e instalación dunha andamiaxe na torre das damas.
A deputada explicou que a Xunta ten previsto construír un hotel que con toda probabilidade, dixo, será destinado a unha empresa privada.
Pola súa parte a directora da Axencia de Turismo, Nava Castro afirmou que o proxecto das obras obedecen, na súa primeira fase, á rehabilitación e recuperación da fortaleza de Monterrei para dedicala ao servizos público prestando especial atención á orixinalidade dos edificios executando as obras de maneira correcta e sen provocar danos.
A nacionalista preguntou se as obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei contemplan destinar 13 habitacións para uso hoteleiro de catro estrelas e se o custe da construción de cada unha delas suporía un custe de 250.000 euros, cuestións que non foron desmentidas pola titular de Turismo.
Tereixa Paz considerou que de levarse adiante a privatización incumpriríase o Plan director de Turismo que non contempla o uso hoteleiro do castelo nin as condicións de cesión do Estado para a súa xestión.
A reforma do castelo, preguntou a parlamentaria é unha condición imposta por Relé Chateaou para xestionar dentro do plan privatizador da rede de paradores, o Parador de Monterrei?
Sr. Castro, escoiten a cidadanía e dediquen o castelo ao uso público cumprindo a legalidade e respectando o patrimonio cultural como figura na cesión.
Nava Castro negou que exista un Plan director , no bipartito, explicou, quedaron iniciadas as directrices e agora estase elaborando e a Xunta, pola súa parte, segue rehabilitando a acrópole coas obras da fortaleza, declarada Ben de Interese cultural con actividade turística e apostando pola instalación dun parador confirmou.