Só o PP opónse á proposición do BNG para aumentar medios para atender casos de violencia de xénero
A posición contraria do PP foi moi criticada por parte dos demáis grupos dado o tema do que trataba a proposición do BNG.
Na súa intervención, a deputada do BNG manifestou a intranquilidade que nos causa as importantes deficiencias que se detectan en moitas comisarías de policía e postos da Garda Civil para atender os casos de violencia de xénero. Davila non só aludiu a Unidades Especializadas insuficientemente dotadas, senón que tamén fixo alusión á nula formación especializada de axentes, o que provoca situacións moi desagradábeis ás mulleres que son vítimas de maos tratos.
Precísase formación especializadas nos axentes
Davila puxo de manifesto que o que relatamos non é produto de visións partidistas e citou as denuncias da Asociación Unificada das Gardas Civís, que indican que a maioría dos casos de violencia de xénero son atendidos por axentes que non están preparados nesta materias, e só un 5% dos casos están en máns de personal especializado.
Exemplificou estas carencias con situacións nas que unha única persoa se ten que ocupar de atender até 100 casos de violencia de xénero. Nese sentido, criticou que non se estea cumprindo coa Lei Integral contra a Violencia de Xénero posto que non se está a dotar de medios suficientes nin de personal adecuado e formado.
Mencionou a Memoria Anual de 2011 do Ministerio de Interior que recolle queixas e reclamacións presentadas por cidadáns ante actuacións policiais e da garda civil. Un informe que recollía 6.964 queixas presentadas por cidadáns onde chama a atención as críticas relacionadas co ámbito da violencia de xénero. Contémplanse 30 casos nos que as vítimas se queixan de que non recibiron un trato axeitado.
Davila chamou a atención sobre os motivos sinalados neste sentido: os axentes non cumpriron os protocolos, disuadiron ás mulleres de non presentar as denuncias, non deron credibilidade ás súas testemuñas ou non completaron as xestións para a súa proteción.
Para a deputada do BNG é evidente a falla de formación. Censurou ao Goberno porque considera que está desatendendo este grave problema.
No que vai de 2014 foron asasinadas mulleres que tiñan orde de alonxamento e que non se cumpriron. Algo moi preocupante e que indica a carencia de medios e de profesionais.