O Sergas incumpre o decreto das listas de agarda
No transcurso do debate celebrado hoxe na comisión de sanidade no Parlamento galego, a nacionalista preguntou se o SERGAS considera papel mollado o decreto galego ante a evidencia de non poder garantir os prazos establecidos para os tempos de espera , veñen ao Parlamento a gabarse sen ningún escrúpulo dixo, a pesar de existir unha normativa que vostedes non están a cumprir.
"Cun recorte continuo en recursos humanos e materiais resulta imposible cumprir os tempos establecidos polo decreto
A nacionalista considerou que os tempos de espera actuais, imposibilitan ao presidente da Xunta respaldar na Cámara galega unha lei que garanta os tempos máximos de espera, con un recorte continuo en recursos humanos e materiais, resulta imposible cumprir os tempos establecidos polo decreto, afirmou.
Bouza reiterou que, dende o ano 2009, as listas de espera empeoraron e na comparativa anual segue confirmándose esta tendencia. A parlamentaria engadiu que o Goberno galego é incapaz de cumprir os tempos mesmo nos cinco tipos de intervención establecidos polo decreto, ciruxía cardíaca valvular e coronaria, prótese de cadeira e xeonllo.
Plan de drogas sen fondos do Goberno
Por outra parte, na mesma comisión parlamentaria, a deputada nacionalista formulou unha pregunta sobre o recorte nas partidas do Goberno central para o ano 2012 destinadas ao Plan nacional de drogas e as medidas do Goberno galego para garantir o funcionamento dos dispositivos de prevención e asistencia.
Neste sentido, o director Xeral de Saúde, Manuel Varela Rei non comprometeu ningún financiamento destinado ao Plan de drogas nin reclamación ante o Goberno do Estado para o financiamento dos devanditos dispositivos.