O sector agrario galego participa nunha xornada europea sobre a PAC, organizada polo BNG
O sector agrario galego terá así a posibilidade "de trasladar directamente as súas propostas antes as institucións europeas", sinala Miranda, en particular naqueles aspectos que máis preocupan en Galiza, como o sistema de cotas leiteiras, as diferentes liñas de axudas aos agricultores, os dereitos de plantación de viñedos, ou os criterios de distribución do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Entre os integrantes da delegación, responsables de grupos de desenvolvemento rural, expertos académicos en temas agrarios, representantes do sector vitivinícola, de sindicatos agrarios, responsables da organización galega de montes en mancomún, responsables do centro de investigacións agrarias de Mabegondo, asociacións agrarias e cooperativas, comunidade de regantes, gandeiros e produtores.
Igualmente, o grupo vén acompañado pola deputada nacionalista portavoz de agricultura no Parlamento galego, Tereixa Paz, e pola portavoz no Congreso, Olaia Fernández Davila.
Entre outros encontros, a delegación galega manterá unha reunión co director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva, e co eurodeputado e ex ministro de agricultura de Portugal Luis Manuel Capoulas, autor dos informes do Parlamento Europeo sobre as axudas directas e o FEADER, documentos clave dentro da reforma da PAC.