Rosana Pérez solicita a comparecencia do Presidente de Correos polos recortes de plantilla
A deputada do BNG alerta sobre a política de recorte de personal que a entidade ven practicando desde o ano 2012. Na mesma liña, a entidade deixa sen cubrir as vacantes por xubilacións ou concursos, perto de 600 na Galiza en 2013, nin as baixas por enfermidade (máis de 200 no territorio galego en 2013) ou o traslado de traballadores.
Sen esquecer que a contratación de personal eventual está en mínimos. Rosana Pérez alerta de que esta paulatina reestructuración poña en perigo o servizo postal universal de calidade, e critica que a empresa o denomine dimensionamento, cando claramente á unha redución de plantilla.
Ademáis, salienta os efectos de sobre carga de traballo que supón para as plantillas que fican ao mínimo, así como o empioramento das súas condicións de traballo. Na Galiza calcúlase que nos últimos dous anos, Correos reduciu a súa plantilla nuns 400 empregados.
Concreta a situación no caso de Ferrol, onde se pretende suprimir secións de reparto, o que terá un efecto negativo no servizo xa que os carteiros terán que asumir maior carga de traballo e facer máis percorridos.
Rosana Pérez quer que o responsábel máximo da entidade Correos informe na Cámara con luz e taquígrafos do plan de recortes de personal que se está a levar a cabo.