Rosana Pérez reclama a Fomento que "aclare a rebaixa do AVE Lubián-Ourense"
Estáse a traballar só na vía da dereita? Deu Fomento instrucións de rematar a vía dereita e abandoar a vía esquerda? Vais deixar o proxecto construtivo da vía esquerda? Que vai pasar cos túneis proxectados? Que vai suceder co viaducto de Cerdedelo?, son algunhas das preguntas que Rosana Pérez formula ao Ministerio de Fomento.
A deputada do BNG subliña que son moitas as ocasións nas que o BNG se dirixiu ao Ministerio para solicitar información sobre a rebaixa das características do AVE a Galiza no seu tramo de entrada. Máis o Ministerio permanece en certa ambigüedade calculada ou simplesmente se limita a negalo de maneira sistemática cando hai evidencias empíricas de que se están modificando os proxectos.
Será de vía única. Mantén Fomento a cualificación de AVE?
Neste sentido, Rosana Pérez sinala que o ritmo das obras se ralentizou ou incluso se paralizou en varios tramos, e as empresas adxudicatarias despediron a traballadores.
Dos dezaoito tramos en construción, en moitos deles só se traballa nun lado da vía, co cal medran as sospeitas de que esta conexión non vai ser de doble vía na súa entrada a Galiza. Algunhas testemuñas indican que se deron instrucións de rematar a vía dereita, deixala totalmente equipada e paralizar a vía esquerda.
Rosana Pérez advirte que dado o panorama descrito non podemos cualificar esta conexión de alta velocidade. Está moi lonxe de se parecer ao anunciado e proxectado. Todo o tramo de Zamora a Ourense será de vía única, incluso existen sospeitas fundadas de que se vai prescindir da Estación Porta de Galiza en A Gudiña, que sigue sen ser licitada.
A deputada do BNG alerta do altísimo custe que terá retomar as obras da vía esquerda nun futuro: os custes multiplicaránse enormemente porque haberá que voltar a contratar todo, sen esquecer o impacto medioambiental.
En conclusión, explica Rosana Pérez, o AVE a Galiza será un espellismo, unha pretensión, posto que non contará con doble vía nin con toda a conexión electrificada. É un tren a medio camiño que non terá as prestacións dun AVE. Novas promesas incumprimdas. Dadas as rebaixas, cómo cualificaría o Ministerio esta conexión ferroviaria? Mantén que se trata dun AVE?.