Rosana Pérez presenta unha proposición para que se evite o peche de Santa Bárbara A Coruña
Ademáis, insta ao Executivo central a realizar un Informe para ver o grao de incumprimento por parte da multinacional norteamericanda dos compromisos adquiridos no Contrato de compra venda de Santa Bárbara asinado coa SEPI en 2001.
Outra das cuestións que plantexa a deputada do BNG é a de que o Goberno requira ao grupo General Dynamics a elaboración dun Plan Industrial que contemple a diversificación da súa producción, abríndose ao mercado da producción civil e introducíndose en sectores como o aeronáutico, que permitan garantir carga de traballo e manter os postos.
Non esqueza Rosana Pérez a necesidade de que o grupo empresarial negocie cos representantes sindicais a situación dos traballadores e as posíbeis solucións que non pasen polo despedimento de 700 traballadores.
O Goberno non pode desentenderse de Santa Bárbara como se non fose con eles cando a privatizou o PP
A deputada do BNG lembra que a fábrica de A Coruña conta con 172 traballadores e subliña que o Plan da empresa contempla só o peche do centro coruñés. Nos demáis centros procédese ao despedimento de traballadores sen pechalos.
Rosana Pérez refírese aos pronunciamientos feitos polo Ministerio de Defensa, desalentadores a pesar de ser o propietario das instalacións da factoría coruñesa, empresa pertencente á SEPI até a súa venda a General Dynamics durante o Goberno do PP presidido por José María Aznar no ano 2001.
A parlamentar do BNG solidarízase cos traballadores de Santa Bárbara que estes días realizaron un peche nas súas instalacións en protesta polo peche do centro.
A deputada nacionalista pón de manifesto que existen saídas e solucións pero pasan porque General Dynamics cumpra cos compromisos estabelecidos no proceso de venda que lle obrigaban a garantir carga de traballo, realizar investimentos e melloras tecnológicas. Mais durante estes doces anos o únicos cliente foi o propio Ministerio de Defensa. Rosana Pérez critica a falla de control por parte dos distintos Gobernos centrais sobre o cumprimento por parte do grupo norteamericano das condicións sinaladas no
Contrato. Algo que o BNG advertiu en numerosas ocasións.
Rosana Pérez pide a implicación do Ministerio de Defensa e do de Industria porque o sistema de financiamento dos programas de armamento é o resultado da colaboración entre o Ministerio de Defensa e o de Industria.
Remata a deputada do BNG pedindo a implicación do Ministro de Defensa home moi relacionado co sector armamentístico posto que foi director xeral para España da multinacional de misís MBDA.