Rosana Pérez pide no Pleno aumentar a asignación á RAG en 727.000 euros
O Goberno só adica á RAG 273.000 euros nos Orzamentos, o que supón un severo recurte en relación ao ano 2011. Propomos un incremento de 727.000 euros para a RAG até chegar ao millón,. Era a dotación que se contemplaba no 2011.
Rosana Pérez interviu no Pleno após de escoitar a exposición do Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en relación ao debate das partidas destinadas nos Orzamentos 2016 a esta seción. A deputada nacionalista criticou severamente os recurtes do PP tanto en sanidade como en educación. Tildou de insuficiente o aumento do 0,4% para gastos sociais no seu conxunto, que non representan nin unha ínfima parte dos brutais recurtes que se levaron a cabo nos últimos anos.
Así, preguntou a Alonso que significa a recuperación do 3,6% en sanidade após do recurte de 35% en 2014? Que significa a recuperación de 75 millóns en dependencia respeito a 2015 cando só en 2012, recurtouse a escandalosa cantidades de 30%, nun momento no que se aumentaron os copagos?. Tamén criticou o insuficiente incremento dos fondos para violencia de xénero.
Rosana Pérez defendou as emendas do BNG destinadas a mellorar a atención á Dependencia: 150 millóns para as CC.AA; 3 millóns para programas de asistencia social para mulleres vítimas de violencia de xénero, entre outras propostas.
No capítulo educativo, a deputada do BNG subliñou o destrozo feito na educación pública que cualificou de expolio, aínda que o premio do retiro dourado a Wert evidencie que pretenden seguer igual.
Denunciou o irrisorio aumento en bolsas nun contexto no que a Conferencia de Reitores concluíu que as contías das becas universitarias retrocederon a níveis do ano 2004. De aí que o BNG propuxera nas súas emendas un incremento de 100 millóns para bolsas a estudantes; 20 millóns para o Programa Erasmus e 50 millóns para axudas a libros de texto.
O PP pasa o rodillo
Como demostrou nas votacións en Comisión, e nas votacións producidas nestes días de Pleno, o PP rexeita as emendas do BNG con propostas de melloras orzamentarias para Galiza e tamén as que plantexan máis servizos públicos. Non admitiu ningunha das propostas das nacionalistas galegas a pesar de que están pensadas para a mellora da calidade de vida dos galegos e das galegas.