Rosana Pérez pide que se homologuen as carreiras de enxeñería co Plan Bolonia

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na que insta ao Goberno a equiparar os títulos universitarios de exeñería dos plans de estudo anteriores ao Plan Bolonia co nivel actual de máster.

Rosana Pérez faise eco nas iniciativas parlamentares da problemática que están a sofrer moitos titulados de enxeñería que obtiveron o título co plan antigo, cando van traballar a países estranxeiros, sobre todo de América Latina, Canadá ou EE.UU

“É preciso que o Ministerio de Educación homologue canto antes estas titulacións do plan antigo co nivel académico actual xerado coa aplicación do Plan Bolonia”, sinala Rosana Pérez.

O Ministerio debe equipara as carreiras de enxeñería canto antes

A deputada do BNG explica que co Plan Bolonia os títulos universitarios se cursan en catro anos máis un ano de máster. Mentras que cos plans antigos, as licenciaturas obtíñanse despois de cinco anos de estudos. En Europa o normal é cursar tres anos de grao e logo dous anos de máster.

Rosana Pérez pón de manifesto os problemas que teñen titulados en enxeñería e empresas do sector á hora de presentarse a un concurso de obras no estranxeiro. “Até tal punto chega a cousa que algunhas empresas españolas vénse obrigadas a facer pequenas trampas ilegais como presentar aos concursos a enxeñeiros locais ou a enxeñeiros que fixeron un máster acelerado nunha universidade privada para habilitalo como enxeñeiro con maestría”.

Persoas de alta cualificación obrigadas a emigrar

Explica a deputada do BNG en países como EE.UU, de América Latina ou en Canadá, requiren aos enxeñeiros o grao de máster. “Lamentabelmente, puntualiza Rosana Pérez, o éxodo de persoas con alta cualificación é cada vez maior. É un goteo constante debido ás graves dificuldades para atopar un traballo no estado español”.

“Precisamente emigrar é unha das saídas laborais que ten a mocidade e moitas persoas con alta cualificación. O estado español estáse a converter nunha máquina exportadora de mán de obra cualficada debido á falla de expectativas laborais. Aquí se forma a mocidade, invístese na educación dos estudantes para logo ter que viaxar a países estranxeiros a procurar un modo de vida”, afirma Rosana Pérez.

A deputada do BNG urxe ao Ministerio a solucionar este obstáculo que teñen moitos enxeñeiros e empresas da rama. Por iso pide que se homologuen os estudos anteriores ao Plan Bolonia.