Rosana Pérez pide explicacións ao Goberno "pola brutal carga policial" no despexo de Elviña
Rosana Pérez lamenta que se consumara outro desaloxo en medio dunha grande agresividade dos efectivos policiais. Critica que se destine á policía a consumar despexos en lugar de defender aos cidadáns aos que se debe. Lonxe de destinar á policía a unha función social, de protección dos máis débis, restrínxese cada vez máis a unha pura función represora, incluso en contra dos dereitos sociais dos cidadáns aos que ten o deber de amparar.
A deputada do BNG reprocha a Interior que acudisen ao lugar 16 furgóns da policía nacional, un despliegue sen precedentes, desmesurado e exaxerado. Na súa iniciativa parlamentar dirixida ao Goberno relatou brevemente os feitos cando ás once da mañá entraba na casa a comisión xudicial. Axentes da policía nacional ensañáronse con moita violencia contra manifestantes e activistas presentes no despexo. As imaxes que se poden ver son suficientemente ilustrativas da agresividade practicada para con persoas cuxa única responsabilidade é a de protagonizar un acto de solidariedade cunha familia que quedou sen a súa casa.
Rosana Pérez: O delegado do Goberno continúa o labor do seu antecesor
Denuncia Rosana Pérez que a carga policial provocou incluso que unha persoa perdese a consciencia. E outras foron trasladadas nun furgón da policía.
A parlamentar nacionalista critica a carta de presentación do novo Delegado do Goberno en Galiza, que segundo parece continúa co labor represor do seu antecesor cuxo único mérito foi o de limitar os dereitos de reunión e de manifestación dos cidadáns.
A deputada do BNG dirixe ao Goberno unha batería de preguntas por estos feitos: quer saber que criterios se seguiron para ordenar o despliegue policial, por qué se practicaron cargas contra os manifestantes que se solidarizaron de xeito pacífico coa familia para defender os seus dereitos sociais básicos. Pide ao Ministerio de Interior que investigue estos feitos e se depuren responsabilidades.
Vai peder explicacións ao delegado do Goberno na Galiza? Non sería posíbel que as forzas e corpos de seguridade do estado desen un trato máis humano, sensíbel e cercano a persoas que van ser desaloxadas dos seus fogares?.